Noticias

Sobradelo saborea o outono

A parroquia de Sobradelo (Xunqueira de Ambía) saborea o outono nunha merenda-cea promovida pola Asociación Cultural O Tangaraño.

A Xornada Cogomeleira reuniu en Sobradelo a unhas trinta persoas que participaron unha merenda-cea na que tiveron especial protagonismo os sabores do outono.

Sobradelo saborea o outono

Esta actividade, promovida pola AC O Tangaraño, forma parte da actividade anual que esta asociación promove como medio para dinamizar a localidade e o seu entorno. Ademais das excelentes viandas que degustaron os asistentes, o evento contou coa actuación musical de Xosé Colmenero.

Despois de desgustar os pratos elaborados con produtos como as castañas ou os cogomelos, os participantes continuaron a festa ata altas horas da madrugada. Rochi Novoa, presidenta da AC Sobradelo, destacou a importancia de manter unha constante actividade na que teñan cabida persoas de tódalas idades.

Sobradelo saborea o outono

Botón volver arriba