Unha xornada de gastronomía de Outono é a última proposta que a Asociación Cultural O Sobradelo do Tangaraño nos presenta.
Esta xornada, prevista para o sábado, 23 de novembro, contará cun obradoiro previo aberto á participación de todos os interesados.
Gastronomía de Outono en Sobradelo
O mes de novembro trae en Sobradelo (Xunqueira de Ambía) unha nova cita coa gastronomía e os produtos de tempada. Esta asociación, dinámica e revitalizante para o entorno rural no que se atopa, mostra unha cita que terá o seguinte programa:
17:30h a 19:30h – Obradoiro
- Centros de Cabazas e cogumelos sobre madeira (material incluído, café e biscoito)
- Prezo: Socios 5€ e non socios 10€.
20h – Cea de Produtos de Outono
- Bolos Preñados de Boletus
- Mini Hamburguesiñas de ovella con cebola caramelizada e queixo de cabra
- Ovos rotos con portovelos
- Fideua con trompetas negras
- Requixo con mel de cantarelas
- Filloas con mel de cantarelas
- Bica, café e licor café
- Viño, auga e pan
- Prezo: socios 15€ e non socios 20€