Noticias

A Subdelegación convértese nun Punto Violeta

A Subdelegación do Goberno en Ourense convértese nun Punto Violeta para a atención de vítimas de violencia de xénero.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a xefa da unidade contra a Violencia de Xénero, Alida Iglesias, estiveron presentes no acto de presentación desta iniciativa.

A Subdelegación convértese nun Punto Violeta

Para o correcto funcionamento do punto violeta, persoal da subdelegación recibiu formación específica. Traballadores da Oficina de Rexistro, Estranxeiría e a Dependencia de Traballo e Inmigración recibiron formación sobre pautas de actuación e recursos para as vítimas.

«Non nos cansaremos de tomar medidas para previr as situacións de violencia machista. Cada iniciativa é benvida para poñer fin a esta lacra, sendo a educación e a prevención fundamentais» sinalou Eladio Santos.

A Subdelegación convértese nun Punto Violeta
Foto: Subdelegación do Goberno

«O punto violeta que se acaba de situar na Subdelegación é un inicio de campaña para contar con máis noutras institucións e entidades privadas, ademais dos puntos temporais que se instalan coincidindo con eventos festivos masivos» destacou o subdelegado.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.