Noticias

O subdelegado visita o concello de Vilar de Barrio

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visita o concello de Vilar de Barrio para analizar co alcalde, Manuel Conde, o presente e o futuro deste municipio.

Durante a reunión mantida entre Santos e Conde, estiveron sobre a mesa varios proxectos que se están realizando en Vilar de Barrio.

O subdelegado visita o concello de Vilar de Barrio

Entre eses proxectos están a renovación do saneamento e depuración en Arnuide que conta cunha inversión de 650.000 euros aportados polo Goberno de España. Tamén está previsto un proxecto de mellora enerxética cunha achega estatal de 73.450 euros.

«Os pequenos concellos coma este teñen que prestar moitos servizos que non son capaces de financiar, como é o servizo de axuda no fogar, en relación ao cal, en moitos casos, o Goberno autonómico non está cumprindo coa súa función», indicou Eladio Santos.

O subdelegado visita o concello de Vilar de Barrio
Foto: Subdelegación do Goberno

Proxectos forestais e gandeiros están en estudo para poder dinamizar este concello. «Vilar de Barrio está moi en contacto con áreas do Macizo Central de Maceda e Montederramo, e comparte con elas este tipo de explotacións gandeiras para a carne; ao tempo que comparte ca Limia a súa tradición pataqueira» destacou Santos.

Botón volver arriba