Eventos

Taboadela inaugura a Casa de Oficios

O concello de Taboadela inaugura a Casa de Oficios este sábado, 28 de xaneiro, coa realización de dous obradoiros.

Tras rematar as obras de acondicionamento do inmoble, o concello de Taboadela presenta a Casa de Oficios que está situada na praza do pobo.

Taboadela inaugura a Casa de Oficios

Para mostrar as posibilidades desta infraestrutura, a inauguración será mediante uns obradoiros de cerámica de estudo e pintura creativa. O horario dos obradoiros será de 16 a 18h e permitirán unha primeira toma de contacto ante os futuros cursos de formación que acollerá a Casa de Oficios de Taboadela.

Taboadela inaugura a Casa de Oficios

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba