O cómico e actor, Xosé Antonio Touriñan, ofrece o pregón das Festas de Ourense 2024 que comezan este mércores, 19 de xuño.
Na actualidade, Touriñan é unha das figuras más coñecidas do audiovisual galego principalmente polos traballos realizados na TVG.
Touriñan ofrece o pregón das Festas de Ourense
A súa participación en programas como Land Rover ou Luar ou o papel protagonista que realizou nas películas Los Fenómenos (2014) ou Cuñados (2021) permitiulle gañar gran popularidade.
Touriñan tamén ten no seu currículo a participación en series como Padre Casares, Fariña ou El desorden que dejas. No ámbito do teatro, Touriñan realizou Somos Criminais con Carlos Blanco ou Fariña Teatro.
O Pregón que Xosé Antonio Touriñan ofrecerá nas Festas de Ourense 2024 será este mércores, 19 de xuño, ás 21h na Alameda. Este acto marcará o inicio duns festexos que durarán cinco días e que contan cunha intensa e variada programación.