Noticias

Un millón de euros para conectar o barrio da Cruz Alta

Unha inversión de un millón de euros realizada polo concello de Ourense servirá para conectar o barrio da Cruz Alta mediante dous elevadores que permitirán mellorar a accesibilidade vertical.

O forte desnivel existente entre as rúas Xoán de Nóvoa e a igrexa da Milagrosa deixará de ser unha barreira que impida conectar adecuadamente o centro da cidade co barrio da Cruz Alta.

Un millón de euros para conectar o barrio da Cruz Alta

O concello de Ourense puxo en marcha as obras que permitirán a mellora da accesibilidade vertical nesta zona da cidade. Dous elevadores que supoñen unha inversión municipal de un millón de euros permitirán unha conexión máis doada neste punto. «Hoxe é un día sinalado para a cidade e para o barrio», indicou o alcalde Pérez Jácome.

Esta actuación forma parte do plan «Ourense vertical» que está a realizar o concello en varios puntos da cidade. A Carballeira, Progreso con Concello, Avilés de Taramancos con Ervedelo ou as previstas nos barrios de San Francisco ou A Ponte forman parte deste plan de mellora da accesibilidade.

Un millón de euros para conectar o barrio da Cruz Alta

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.