Noticias

Un Nadal de máis de 1 millón de euros

Un Nadal cun gasto de máis de 1 millón de euros é o cálculo que fan dende o PSdeG-PSOE trala celebración das festas no concello de Ourense.

Dende o partido socialista denuncian que este gasto deu lugar a unha programación de Nadal «con máis sombras ca luces» polas polémicas xurdidas durante este período.

Un Nadal de máis de 1 millón de euros

O uso de dromedarios e renos «innecesario, cruel e arcaico», o gasto total «por riba do millón de euros» e tamén «pola escandalosa elección dunha persoa condenada por abuso sexual para representar ao rei Baltasar» forma parte da denuncia que realizan dende as filas socialistas.

«Tampouco podemos esquecer os danos que provocou esta macroinstalación nas escasas árbores da vía peonil máis transitada de Ourense e os estragos no patrimonio arquitectónico da cidade, co xa famoso taladrazo, así como a colocación da árbore de Nadal sobre a fonte de Oseira, en Bispo Cesáreo, sen contar cos informes favorables da oficina do PERI ou da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta» indican membros do PSdeG-PSOE como algúns dos prexuízos ocasionados durante estas datas.

Un Nadal de máis de 1 millón de euros
Acivros instalados durante o Nadal

Entre os gastos que se coñecen están:

  • 600.000 euros da iluminación de Nadal;
  • 18.000 euros do mercado no Parque de San Lázaro;
  • 90.000 euros do concerto de Omar Montes;
  • 80.000 euros en contratos menores e os
  • 36.000 euros para os espectáculos con dromedarios e renos durante a Cabalgata de Reis.

A estes gastos tamén se suman:

  • 92.000 euros da carpa instalada na Praza Maior;
  • 15.000 euros que custaron os acivros;
  • 18.000 euros do poboado de Nadal na Praza Bispo Cesareo;
  • 18.000 euros do carrusel da Ponte Romana;
  • 36.000 euros do parque de aventuras e o tren do Xardín do Posío;
  • 18.000 euros da neve artificial na Praza Maior ou o gasto en seguridade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.