Eventos

Versos brancos: Rochi Nóvoa e Xosé Eladio expóñen en Sandiás

«Versos brancos» chega á Casa da Cultura de Sandiás como un diálogo artístico entre Rochi Nóvoa e Xosé Eladio, onde luz, palabra e emoción conflúen nunha exposición única.

A mostra ofrece ao público un percorrido por obras individuais de ambos artistas, auténticas e cargadas de sensibilidade, así como creacións feitas a catro mans que abren novas paisaxes para os sentidos.

Versos brancos: Rochi Nóvoa e Xosé Eladio expóñen en Sandiás

A Casa da Cultura de Sandiás acolle «Versos brancos. Un diálogo de luz e palabra, de trazo e emoción«, unha exposición conxunta de Rochi Nóvoa e Xosé Eladio que se poderá visitar do 27 de xuño ao 31 de xullo.

Con este proxecto, Nóvoa e Eladio invítannos a escoitar a arte que se toca, a mirar a palabra que se pinta, e a habitar o branco como lenzo e silencio compartido. A súa obra conxunta revela unha profunda conexión estética e emocional, onde cada peza dialoga coa outra e ofrece unha experiencia sensorial completa.

A inauguración será o venres 27 de xuño ás 20:30 h, e contará cun recital musical protagonizado pola propia Rochi Nóvoa, acompañada por Daniel Soldevilla, cuxas melodías servirán de fío emocional para as obras expostas. Como broche final, ofrecerase un viño do Ribeiro para acompañar o encontro e prolongar o momento compartido.

Versos brancos: Rochi Nóvoa e Xosé Eladio expóñen en Sandiás

A exposición poderá visitarse na Sala de exposicións da Casa da Cultura de Sandiás, de martes a domingo a partir das 16:00 h, ata o 31 de xullo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.