O arquitecto Víctor Grande pecha o Ciclo de Conferencias deste ano que organizou a plataforma «Non ao pecha da UPO» durante 2022.
Esta derradeira conferencia do ano 2022 terá como título «A arquitectura do Renacemento en Galicia. Hospital dos Reis Católicos de Compostela».
Víctor Grande pecha o Ciclo de Conferencias deste ano
Víctor Grande impartirá esta conferencia no Salón Nobre do Liceo de Ourense o venres, 25 de novembro, ás 20.15h. Doutor en arquitectura e especialista en rehabilitación e conservación do patrimonio arquitectónico, Víctor Grande ten realizado numerosas investigacións nos últimos anos.

Algúns dos espazos arquitectónicos nos que levou a cabo as súas investigacións son:
- Claustro do Mosteiro de Celanova,
- Sala de palmeiras do Mosteiro de Oseira,
- Claustro da Catedral de Santiago
- Hospital dos Reis Católicos
- Mosteiro de Montederramo
Tamén conta cunha intensa labor en proxectos de rehabilitación que tiveron lugar en:
- Fachada sur e Ciborio da Catedral de Ourense (na actualidade)
- Mosteiro de Montederrammo
- Reitoral de Santa Comba de Banda
- Casa de Botana en Cambados
- Torre da Vela na Catedral de Santiago
- Liceo de Ourense