Eventos

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre na Festa dos Maios 2025

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actuarán na Festa dos Maios de Ourense 2025, nun concerto que terá lugar o domingo 4 de maio ás 19.30 horas na Praza Maior.

Esta actuación será despois da entrega de premios do tradicional concurso de maios e coplas organizado polo Concello de Ourense.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre na Festa dos Maios 2025

Con máis de trinta anos de carreira, Xabier Díaz é un dos referentes da música de raíz galega. Nado na Coruña en 1969, formou parte de recoñecidas formacións como Berrogüetto (2008-2014) e o proxecto aCadaCanto, xunto a Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández. A súa traxectoria está marcada por un compromiso co patrimonio musical galego e polos instrumentos de percusión de man, especialmente a pandeireta, co que acadou gran prestixio.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre na Festa dos Maios 2025

Desde 2014 lidera o proxecto Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, un colectivo co que publicou catro discos e percorreu escenarios de todo o mundo. A súa música acadou recoñecemento internacional no ámbito da World Music. O disco As Catedrais Silenciadas estivo tres meses no Top Ten europeo da lista WMCE e gañou o Premio Martín Códax da Música Galega na categoría de Música Tradicional en 2020.

Chegarán a Ourense no marco da xira de presentación do seu último traballo Axúdame a sentir (2024), unha proposta que xa suma máis de 40 concertos en todo o Estado cunha excelente acollida por parte do público.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.