Noticias

O XI Tangaraño Cultural comezou en Xunqueira de Ambía

O XI Tangaraño Cultural comezou en Xunqueira de Ambía coa exposición As Mulleres das Capas e o concerto de Aturuxa.

Esta primeira sesión do Tangaraño Cultural contou coa presenza dos alcaldes de Xunqueira de Ambía, Xinzo de Limia, Baños de Molgas e Vilar de Barrio.

O XI Tangaraño Cultural comezou en Xunqueira de Ambía

O XI Tangaraño Cultural comezou en Xunqueira de Ambía

A primeira xornada do Tangaraño Cultural deste ano 2024 realizouse na localidade de Xunqueira de Ambía. Para esta primeira xornada, a programación incluía a inauguración da exposición de Mercedes Vázquez Saavedra «As Mulleres das Capas» e un concerto do grupo «Aturuxa«.

Ambos actos tiveron lugar na Colexiata de Xunqueira de Ambía onde os asistentes remataron a xornada compartindo un viño. A exposición de Mercedes Vázquez estará aberta ó público ata o 17 de xuño.

Mercedes Vázquez

Coincidindo cos celebración do Día das Letras Galegas, o XI Tangaraño Cultural chega ó concello de Vilar de Barrio. O concerto de Perrito Piloto, previsto para as 18h achega este importante acontecemento cultural á veciñanza deste concello.

Será o mesmo artista quen actúe o día 25 no concello de Baños de Molgas antes de chegar á xornada do 1 de xuño coa celebración do día central do Tangaraño Cultural na localidade de Sobradelo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.