Xa temos data para a XIX Carreira Pedestre de San Cibrao das Viñas que terá lugar nesta ocasión no mes de xuño de 2022.
O mundo do atletismo ten en Pontenoalla (San Cibrao das Viñas) unha nova cita. A 19ª edición da Carreira Pedestre reunirá a decenas de participantes que acuden a unha das probas deportivas con máis tirón na provincia de Ourense.
XIX Carreira Pedestre de San Cibrao das Viñas
Esta carreira muda de data no calendario pois ata a pandemia tiña lugar na víspera do nadal. Organizada polo Concello de San Cibrao das Viñas, conta tamén coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.
A inscrición na proba pode realizarse de dúas formas:
- presencial: Deportes Runmaniak (Rúa Samuel Eiján) – ata o 14 de xuño
- online: carreirasgalegas.com – ata o 16 de xuño.
O prezo da inscrición será de 6€ para os adultos e 2€ para os escolares. Os máis pequeniños, da categoría pitufos, terán a inscrición gratuíta.
A participación na proba ten un límite de inscritos. A categoría de adultos permite un máximo de 400 participantes e a de escolares 100.