Noticias

2.000 euros de doazón á AECC grazas ó programa de reciclaxe

Un cheque por valor de 2.000 euros foi a doazón entregada á AECC que realizaron o concello de Ourense e Ecoembes.

Máis de 5.000 usuarios de Ourense doaron os puntos outorgados ó reciclar as latas e botellas de plástico. Este programa de reciclaxe permitiu facer esta doazón a favor da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.

2.000 euros de doazón á AECC grazas ó programa de reciclaxe

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Fernández, e o representante de Ecoembes en Galiza, Bruno de LLano, fixeron entrega do cheque ó presidente da AECC en Ourense, Germán Rodríguez-Saá. «Queremos agradecerlle ao Concello de Ourense e a Ecoembes por colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro de Ourense para sumar máis recursos necesarios para pacientes de cancro e os seus familiares. A doazón será destinada para o programa de Axudas económicas para situacións de emerxencia social, co fin de dar resposta a moitas familias en Ourense e ao aumento de risco de exclusión destas», sinalou o presidente da ONG.

2.000 euros de doazón á AECC grazas ó programa de reciclaxe
Entrega da doazón.
Foto: Concello de Ourense

Botón volver arriba