O Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de envellecemento activo, con 33 obradoiros dirixidos a persoas maiores de 60 anos empadroadas no municipio.
A proposta da Concellería de Asuntos Sociais inclúe actividades relacionadas coa saúde, o benestar, as novas tecnoloxías e a creatividade.

Entre elas figuran ximnasia de mantemento, pilates, ioga, taichi, adestramento da memoria, mindfulness, alimentación saudable, teatro, cerámica, canto coral e iniciación á intelixencia artificial.
As persoas interesadas poderán consultar o catálogo e formalizar a súa inscrición entre o 5 e o 11 de outubro a través da web de Actividades do Concello de Ourense. Cada participante poderá solicitar un máximo de tres obradoiros, por orde de preferencia.

