Deportes

2023 comezará na Costiña de Canedo

O ano 2023 comezará na Costiña de Canedo como é costume dende fai 30 anos nesta proba deportiva que non cesou durante a pandemia.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, e Saturnino González, organizador da proba presentaron a nova edición dunha carreira «mítica, absolutamente artesanal, improvisada e furtiva».

2023 comezará na Costiña de Canedo

O día 1 do mes 1 ás 1h PM dará comezo unha nova edición da subida á Costiña de Canedo. Si 2022 se despide coa Carreira Popular da San Silvestre, 2023 comezará co esta dura proba que non falta en cada arranque de ano.

Esta carreira «ve a luz á saída do túnel e remata no cemiterio, como a vida das persoas» indicou Saturnino González. Os tres quilómetros de subida supoñen un reto maiúsculo para os participantes o afrontar pendentes que alcanzan o 20%. As modalidades nas que se pode participar son en bicicleta, correndo, andando ou acompañados de cans.

Para participar nesta proba non será preciso realizar unha inscrición previa.

Botón volver arriba