Noticias

25 escolares participaron no Mini Maker Club

25 escolares de Ourense participaron no Mini Maker Club que organizou o concello para mellorar as capacidades tecnolóxicas dos menores.

Nenos e nenas de 8 a 11 anos participaron nesta actividade formativa que rematou co acto de clausura e entrega de diplomas no que participou Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense.

25 escolares participaron no Mini Maker Club

Foi precisamente o alcalde quen entregou os diplomas ós participantes na actividade. Durante as xornadas do Mini Maker Club, os menores recibiron formación en diversas áreas das novas tecnoloxías. Electrónica interactiva, creación de novos videoxogos, realidade virtual ou impresión 3D foron algúns dos contidos do evento.

25 escolares participaron no Mini Maker Club
Foto: concello de Ourense

Este programa foi financiado nun 75% polos fondos FEDER da Unión Europea e organizado e desenvolto polo concello de Ourense nas instalacións da Escola de Informática do Campus de Ourense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba