Lobeira celebra a Romaría na honra a Nosa Señora do Viso con un importante programa de actividades de carácter relixioso e festivo.
Unha das citas relixiosas máis destacadas da provincia de Ourense ten como protagonista a Virxe do Viso no Concello de Lobeira. Para celebrar esta festividade, a organización preparou unha importante programación.
Lobeira celebra a Romaría do Viso
Entre as actividades máis destacadas atopamos a presenza do cómico e actor Touriñán e a celebración da procesión ata o Santuario do Viso.
Programación da Romaría do Viso 2022
Venres, 3 de Xuño
- 23:30h – Festa da Xuventude coa Disco Móbil Show
Sábado, 4 de Xuño
- 12h – Misa no Santuario
- Sesión Vermú con Touriñan
- 17h – Actuación da Banda de Gaitas de Lobeira
- 18h – Novena
- 19h – Procesión de Antorchas desde o Santuario ata a igrexa parroquial
- 19h – Actuación da charanga Albor
- 21h – Degustación gratuíta de produtos
- 23h – Actuación da Orquesta Galilea e a Disco Móvil Show
Domingo, 5 de xuño
- 10:30h – Misa na igrexa parroquial
- 11:30h – Procesión ata o Santuario acompañada pola Banda de Música e Cultura de Galicia, Charanga de Bande, Grupo «A Armada», Gaiteiros de Cadós, Banda de Gaitas de Lobeira e Grupo Folk Os Bandiños.
- 13h – Eucaristía no Monte do Viso co acompañamento da Camerata Auriense
- 15h -Actuación do Grupo Folk Os Bandiños
- 18h – Procesión polos arredores do Santuario
- 19.30h – Actuación da Charanga de Bande e o Grupo Folk Os Bandiños.