Noticias

Ourense é a Cenicienta de Galicia e de España

«Ourense é a Cenicienta de Galicia e de España». Esta afirmación foi pronunciada polo alcalde de Ourense tras coñecer os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2023.

Os orzamentos autonómicos para o vindeiro ano «condenan a Ourense a seguir na cola en case todos os parámetros», segundo a opinión do rexedor ourensán.

Ourense é a Cenicienta de Galicia e de España

Pérez Jácome destaca que «nas últimas décadas nos arruinaron desviando investimentos cara a outras zonas e agora condénanos a non recuperar porque se segue apostando, nesta caso nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2023, polo eixo atlántico e por Santiago de Compostela».

Ourense é a Cenicienta de Galicia e de España

Ante esta situación, o alcalde de Ourense explica que os cidadáns «temos que levantarnos en urnas, que é a única maneira de darlle un correctivo ós gobernos que nos discriminan». Un dos exemplos que sinalou Pérez Jácome para mostrar esta discriminación foi o Centro de Intelixencia Artificial. «Se a Xunta fiera o que lle pedimos hai 2 anos, teríamos agora mesmo todas as papeletas para que Ourense acollese a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial». Por contra, indica o rexedor, «non só non o fixeron senón que ademais, agora que hai que determinar unha cidade, tampouco aposta por Ourense».

Botón volver arriba