Noticias

Cooperación para mellorar espazos en Cachamuíña

A cooperación entre entidades facilitou unha vez máis para mellorar espazos no entorno do encoro de Cachamuíña tras finalizar a segunda fase do proxecto previsto.

O entorno do encoro de Cachamuíña experimenta unha importante transformación nos últimos tempos. Este cambio é froito da colaboración entre a Deputación provincial, o concello de Pereiro e a comunidade de montes de A Chaira.

Cooperación para mellorar espazos en Cachamuíña

No proxecto que permitirá recuperar espazos para acondicionalos para o uso da cidadanía, a Deputación de Ourense rematou a segunda fase. Nos últimos traballos realizados melloráronse os accesos e o contorno do encoro. Manuel Baltar, presidente da Deputación, visitou o lugar na compaña de Luis Menor, alcalde de O Pereiro de Aguiar, e de Emilio Pato, presidente da comunidade de montes de A Chaira.

«Novo exercicio de cooperación, entre a Deputación, o Concello do Pereiro e os veciños propietarios destes terreos para poñer este espazo á disposición de todos os visitantes», sinalou Manuel Baltar. «Facilitamos que este pulmón de Ourense, este entorno máxico, sexa accesible para todos os visitantes para que poidan gozar dun lugar de absoluta referencia de natureza, saúde, deporte e lecer».

Cooperación para mellorar espazos en Cachamuíña
Foto: depourense.gal

Luis Menor tamén incidiu na cooperación existente para levar adiante o proxecto do entorno de Cachamuíña. «Temos que incidir na cooperación da comunidade de propietarios do monte comunal de A Chaira». Este traballo conxunto «permite chegar a realidades como esta, mellorando espazos que estaban degradados».

«Que vou a dicir tendo a este presidente e a este alcalde, que lles cedes un pedazo de terreo cheo de pedras e silvas e o converten nesta marabilla ao servizo do pobo», destacou Emilio Pato na súa intervención.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.