O programa Xacobeo Peregrinas chega esta tarde a Ourense para ter un encontro no Paraninfo do IES Otero Pedraio.
Esta actividade forma parte da programación do Xacobeo 22-23 e consta de dez encontros nos que mulleres de diferentes disciplinas comparten os seus pensamentos e experiencias sobre o Camiño de Santiago.
Xacobeo Peregrinas no Paraninfo do Otero Pedraio
No encontro que terá lugar esta tarde en Ourense atopamos un cartel que está formado por mulleres que destacan nas súas respectivas áreas. A escritora, intérprete e educadora Cristina Pato será unha das tres participantes no evento que presentará Marta Gómez.
Xacobeo Peregrinas en Ourense
- Marta Gómez – Presentadora
- Cristina Pato
- Maribel Outeiriño
- Lydia do Olmo
O acto terá lugar hoxe, 15 de decembro, ás 18:30h no Paraninfo do IES Otero Pedraio de Ourense.