Deportes

O Club de Montaña Trives organiza a Andaina do Chourizo

O Club de Montaña Trives organiza no mes de febreiro a VIII Andaina do Chourizo que permitirá realizar un cómodo percorrido e rematar cunha cita gastronómica.

A peculiaridade do evento proposto para o 4 de febreiro en Trives está en que se celebrará unha gran chourizada ó remate da andaina.

O Club de Montaña Trives organiza a Andaina do Chourizo

Esta andaina alcanza a súa VIII edición aumentando cada ano o número de participantes. Os interesados en participar nesta actividade terán que realizar a inscrición a través do correo club.montana.trives@gmail.com e abonar a cota correspondente (5€/socios e 8€/non socios).

A Saída da andaina será ás 10h dende a Praza do Pilón. Tras percorrer unha distancia de 8,6 Kms, os participantes poderán degustar a chourizada. A ruta comezará en A Pobra de Trives e continuará por Santa María de Trives, Sas, Pena Folenche, San Mamede e Vilanova.

O Club de Montaña Trives organiza a Andaina do Chourizo

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.