Xa coñecemos toda a información do Festival Internacional ViboMask 2023 que terá lugar os días 18 e 19 de marzo nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
A Mascarada Ibérica consolídase como un evento de gran relevancia polo valor etnográfico que posúe e a gran repercusión que ten entre a cidadanía, os medios de comunicación e investigadores.
Información do Festival ViboMask 2023
No ano 2015 xurdía a primeira Mascarada Ibérica coa participación de 16 entroidos participantes. O apoio dos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso é fundamental para poder ofrecer cada ano unha mellor versión dun festival que se converteu nun referente.
O programa de actividades ten lugar nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Nestas dúas localidades levaranse a cabo actuacións musicais, exposicións, conferencias e desfiles.
Programa da ViboMask 2023
VIANA DO BOLO
Venres, 17 de marzo
- 12.00 Conferencias
Pedro G. Losada (fotógrafo) e Xosé Manuel Seixas (artesán de máscaras de Entroido)
(IES Carlos Casares) - 17.00 Inauguración Exposición “O Entrudio de Viana do Bolo no tempo”
Horario: Durante as horas que estea aberto o concello e o sábado toda a mañá
(Sala de exposicións Concello Viana do Bolo) - 20.00 Foliada
Actuación grupos de música tradicional (rúas e bares de Viana do Bolo)- As Travesas da Mezquita
- As Xeitosiñas de Baltar
- Banda de Gaitas de Vilariño de Conso
- Comando Morrazo
- Charanga Alegría
- Dulzaineros de Velilla de la Reina (León)
- Pastores de Casavieja (Ávila)
- Tabernícolas
- Trío Motobomba
Sábado, 18 de marzo
- 12.00 ViBoMarket
Mercado de produtos típicos e artesanais (Zona Praza Maior) - 12.30 Sesión vermú
Amenizada pola charanga Fuego (Bares e rúas Viana do Bolo) - 16.45 Desfile VIII Festival Internacional Mascarada Ibérica “ViBoMask”
(Percorrido: campo da feira, rúa Toural, rúa San Roque, Praza Maior e remate na rúa das Mazairas) - 23.00 ViBoMusic
Actuación de grupos de música galegos (Praza Maior)- Nova Era
- Guezos
- SkaloPndras
VILARIÑO DE CONSO
Domingo, 19 de marzo
- 10.30 ViBoMarket
Mercado de produtos típicos e artesanais (Zona Praza Maior) - 11:45 Desfile VIII Festival Internacional Mascarada Ibérica “ViBoMask”
(Rúas Vilariño de Conso)
Participantes na Mascarada Ibérica 2023
A CORUÑA
Entroido de Samede (San Mamede, Paderne)
Xenerais da Ulla (Concellos da comarca da Ulla)
LUGO
Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba, Chantada)
Oso, madamas e danzante (Salcedo, Pobra do Brollón)
OURENSE
Asociación “Xuntos polo fulión” e boteiros (Vilariño de Conso)
Boi, Charrelos, Morte e Zamarreiro (A Veiga)
Bonitas (Sande, Cartelle)
Cigarróns (Verín)
Entroido de Barcia (Melón)
Farrumecos (Sobradelo, Xunqueira de Ambía)
Felos (Maceda)
Felos e Madamas (Esgos)
Follateiros (Lobios)
Fulión e mázcaras (Buxán, O Bolo)
Fulión e mázcaras da Mourela pra acá (aldeas de Manzaneda)
Fulións, mula e boteiros (aldeas Viana do Bolo)
Fulión e boteiros de Mormentelos (Mormentelos, Vilariño de C.)
Galos (San Pedro da Mezquita, A Merca)
Madamitas (Entrimo)
Mázcaras (A Xironda)
Pantallas (Xinzo de Limia)
Peliqueiros (Laza)
Peliqueiros, parranfón e vaca (Campobecerros, Castrelo do Val)
Toro e xigante (Celavente, O Bolo)
Troteiros (Bande)
Vellarróns (Riós)
PONTEVEDRA
Madamas e galáns (Cobres, Vilaboa)
Merdeiros (Vigo)
Rancho e Cabaleiros de Entroido da Feira (Salceda de Caselas)
ASTURIAS
Sidros y Comedies (Valdesoto)
CANTABRIA
La Vijanera (Silió)
CASTELA E LEÓN
Antruejo de Carrizo de la Ribera (Carrizo de la Ribera, León)
Atenazador (San Vicente de la Cabeza, Zamora)
Mázcaras y madamas (Pombriego, León)
Talanqueiras y visparros (San Martín de Castañeda, Galende, Zamora)
Toros y guirrios (Velilla de la Reina, León)
Zarramaches y Pastores (Casavieja, Ávila)
CASTELA-A MANCHA
Diablos y mascaritas (Luzón, Guadalajara)
PAÍS VASCO
Carnaval de Abanto (Abanto-Zierbena, Biscaia)
Joaldunak (Ortuella, Biscaia)
PORTUGAL
Caretos de Arcas ( Macedo de Cavaleiros, Braganza)
Os Caretos de Lazarim (Lamego, Viseu)
Caretos de Parada (Parada de Infanções, Braganza)