Noticias

O PSdeG-PSOE apunta a un aumento dos fondos europeos

O PSdeG-PSOE de Ourense apunta a un aumento dos fondos europeos que permitan unha transformación da cidade e mellores servizos ós cidadáns.

A visita do eurodiputado do PSdeG-PSOE, Nicolás González Casares, serviu para por sobre a mesa o papel que poden desempeñar os fondos europeos en Ourense.

O PSdeG-PSOE apunta a un aumento dos fondos europeos

González Casares percorreu o casco histórico na compaña de Paco Rodríguez, candidato á alcaldía de Ourense, Natalia González, secretaria xeral en Ourense, Carmen Rodríguez, deputada no Parlamento de Galicia, e as integrantes da candidatura Alba Iglesias e María Fernández.

«Os que non somos de Ourense, pero queremos moito a esta cidade, tamén estamos fartos de que sexa noticia por cousas que nada teñen que ver co benestar da súa xente», indicou o eurodiputado. Con respecto ós fondos europeos, González Casares destacou que «é o momento de avanzar en mobilidade, na integración urbana, nun transporte metropolitano. Para iso vai a haber cartos de europa. E tamén para unha transición enerxética que ten que ser democratizada nas vilas e nas cidades».

O PSdeG-PSOE apunta a un aumento dos fondos europeos

Unha das promesas dos socialistas si forman parte do goberno no mandato 23-27 é a creación dunha oficina de proxectos. Esta tería un equipo de técnicos que programarían e planificarían aquelas actuacións que puidesen recibir fondos europeos.

«Non podemos permitirnos o luxo de seguir exportando á nosa xuventude porque aquí non atopen ningunha posibilidade de desenvolverse laboralmente e teñan que marchar a outras comunidades autónomas ou países» sinalou o candidato Paco Rodríguez.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.