Noticias

«Nós nin queremos mirar para o pasado nin nos resignamos a que todo siga igual»

«Nós nin queremos mirar para o pasado nin nos resignamos a que todo siga igual» foi unha das frases pronunciadas polo candidato do BNG á alcaldía de Ourense, Luís Seara, no acto de inicio da campaña.

Ás 00:00h de hoxe deu inicio a campaña electoral coa tradicional pegada de carteis. Luís Seara foi o encargado de por o primeiro cartel da súa formación arroupado por un importante número de persoas.

«Nós nin queremos mirar para o pasado nin nos resignamos a que todo siga igual»

Durante o acto, Seara afirmou que «no BNG encaramos estas eleccións co convencemento de que teremos uns resultados históricos que nos permitan liderar o cambio e a transformación que o Concello de Ourense precisa».

A convulsa situación política que vive Ourense na actualidade está a marcar o ritmo da campaña nos últimos días. Para a cita electoral do día 28 de maio, Seara pide ós cidadáns que «independentemente do que votaran nas pasadas eleccións, se rebelen, e acudan ás urnas. O día 28 cobra máis importancia se cabe que calquera outro proceso electoral. O día 28 todas e todos temos que escoller entre seguir gobernados pola corrupción e o caciquismo ou pola rexeneración democrática e a decencia política».

"Nós nin queremos mirar para o pasado nin nos resignamos a que todo siga igual"
Foto: BNG de Ourense

Á hora de pedir o apoio para o BNG, Seara destacou que «levamos moito tempo traballando no proxecto transformador que Ourense precisa. No BNG temos proxecto e temos equipo, e se algo está absolutamente acreditado é que alí onde goberna o BNG mellora a calidade de vida da veciñanza e aumentan os niveis de satisfacción e orgullo, algo que cómpre recuperar en Ourense e que recuperaremos co Bng á fronte do vindeiro Goberno Local».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.