Noticias

O BNG pide impulsar a ampliación do túnel de Ramón Puga

O BNG pide impulsar a ampliación do túnel de Ramón Puga durante a visita do Deputado Nestor Rego e garante o inicio da obra si acadan o goberno municipal.

Fai meses que está firmado un convenio entre o concello de Ourense e ADIF para realizar obras de mellora nos túneles de Ramón Puga e na ponte de Tarascón.

O BNG pide impulsar a ampliación do túnel de Ramón Puga

En ambos casos, os traballos inclúen a mellora da permeabilidade no túnel. En Ramón Puga, o paso inferior será ensanchado para mellorar a seguridade viaria dos vehículos que circulan polo lugar. Tamén está prevista a construción de beirarrúas nun proxecto que ascende a 709.224,22 euros.

Na rúa Tarascón, a actuación é sobre a ponte que existe sobre a vía do tren. A ampliación desta vía terá un custe de 463.287,20 euros.

O BNG pide impulsar a ampliación do túnel de Ramón Puga
Foto: BNG de Ourense

Luís Seara, candidato á alcaldía de Ourense, mostra a súa preocupación por que o concello «non se teña preocupado por esta cuestión e non teña esixido o cumprimento do convenio, e en consecuencia, impulsado a execución das obras á maior brevidade posible, algo que mudará a partir do domingo, cando a fronte do Concello haxa un alcalde do BNG».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.