O partido Ourense Mellor promove a xestión pública das termas como solución á situación vivida estes últimos días coa empresa contratada para prestar servizo nas termas de Outariz.
A rescisión do contrato coa empresa Printes Security Advice, a falta de pagamento de nóminas ós traballadores e o despido destes provocou o peche das instalacións.
Ourense Mellor promove a xestión pública das termas
O concello de Ourense actuou con rapidez para outorgar o contrato a una nova empresa que restableza o servizo e abra ó público estas instalacións termais. Segundo esta formación política, esta inestabilidade está provocada pola privatización dos servizos municipais.
Ante esta situación, o partido Ourense Mellor propón unha xestión directa do concello. Mediante un escrito rexistrado no concello, promove a xestión pública destas instalacións desde a concellería de Turismo e Termalismo.