Eventos

Programación do Magosto 2023 en Ourense

O Salón de Plenos do concello foi o escenario onde se presentou a programación do Magosto 2023 que terá lugar o sábado, 11 de novembro, en Ourense.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, e Noa Rouco, concelleira de Artes e Festexos, mostraron as actividades previstas para esta festa.

Programación do Magosto 2023 en Ourense

Música tradicional, gastronomía e propostas para todas as idades forman parte do programa do Magosto de Ourense. As actividades terán lugar principalmente o sábado, día 11, e rematarán cun concerto do barítono Mykyta Burtsev o día 12 no Liceo de Ourense.

Programación do Magosto 2023 en Ourense
Foto: Ayuntamiento de Ourense

Sábado, 11 de novembro

  • 12.00h – Ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos
  • 18.00h – Magosto tradicional: Bolo preñado, auga ou viño por 1€ e castañas gratuítas, na Praza Maior e a Praza Santa Eufemia
  • 18.15h – Ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos
  • 19.00 a 20.30h – Concerto de Brañas Folk cos convidados: Vanesa Muela e Manuel Souto, na Praza Maior
  • 20:00 a 23:00h – Baile coa orquestra “La Misión”, na rúa do Progreso
  • 23:00 a 02:00h – Sesión Dj na Praza de Santa Eufemia

Domingo, 12 de novembro

  • 19h – Concerto do barítono Mykyta Burtsev no Liceo de Ourense

Botón volver arriba