Desde o grupo socialista do concello de Ourense piden retomar o programa de saúde materno infantil que atendeu a unhas 2.000 mulleres mentres estivo en funcionamento.
Resolver dúbidas, adestrar na prevención de condutas de risco e promover hábitos saudables era o obxectivo principal dun programa que desde o goberno municipal non van a recuperar.
Piden retomar o programa de saúde materno infantil
Este programa comezaba coa atención prestada á saúde emocional e física das mulleres embarazadas e continuaba durante os primeiros meses dos bebés con especial atención á lactación e ó coidado físico durante esa primeira etapa.
Cristina Cruz, concelleira socialista, propuxo na xunta de área a recuperación deste programa e a posta en marcha dun programa de saúde mental aberto a toda a poboación cunha especial atención á mocidade.