Natalia González, voceira do grupo socialista, presentou un recurso contras as actuacións de Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, durante os plenos municipais.
O recurso presentado no Xulgado Contencioso Administrativo de Ourense pide a protección dos dereitos fundamentais á participación política.
Natalia González presentou un recurso contra as actuacións de Jácome
Entre as accións que motivaron este recurso figura a situación provocada co interventor municipal. O Regulamento Orgánico de Goberno e Organización indica que o interventor poderá intervir cando o estime necesario o propio alcalde ou cando se trate unha cuestión «sobre a que poida dubidarse sobre a legalidade ou repercusións orzamentarias do punto debatido».
A propia Natalia González reclamou en varias ocasións o seu dereito de réplica por alusións directas sendo rexeitada esta opción desde a alcaldía. Nalgunha ocasión, Natalia González tivo que utilizar intervencións doutros puntos da orde do día para responder ás alusións provocando que Pérez Jácome lle apagase o micrófono.
Por último, desde o PSdeG-PSOE de Ourense denuncian tamén as continuas interrupcións do alcalde durante as intervencións dos concelleiros e concelleiras.
O grupo socialista promoverá unha modificación do Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno de Ourense. Para poder levar a cabo esta acción, buscarán o consenso con outras forzas políticas para evitar as vulneracións dos dereitos fundamentais dos concelleiros e concelleiras.