O BNG denuncia que se está a realizar unha caza de bruxas no concello de Ourense tras coñecer a decisión de Gonzalo Pérez Jácome de abrir un expediente de cese ó interventor municipal.
«Resulta curioso que todos os expediente abertos até o de agora vaian dirixidos a funcionarios encargados da xestión económica do Concello, primeiro foi a Tesoureira e agora o Interventor» indica o portavoz do BNG, Luís Seara
Caza de bruxas no concello de Ourense
«Jácome non entende que o Concello non é Jolper e que polo tanto é necesario cumprir cos procedementos legalmente establecidos polo que non soporta a aqueles funcionarios que, exercendo o seu traballo, algo que por outra banda fixeron sempre, cuestionen e contradigan o que el di», destaca Seara.
Para o portavoz do BNG, o expediente aberto ó interventor persegue «amedrentar ás e aos traballadores municipais para que non o cuestionen en ningún momento baixo a ameaza de, ou facedes o que eu digo ou vos expediento».