Noticias

Problemas de conciliación en Ourense

Os problemas de conciliación en Ourense estanse vendo acentuados pola cancelación do programa Educocio que organizaba o concello de Ourense.

A cancelación deste programa por parte do goberno municipal de Ourense supón para moitas familias non ter opcións de conciliación no día a día.

Problemas de conciliación en Ourense

«Este programa piloto que abría os centros educativos públicos durante o fin de semana, polas tardes e no verán, suspendeuse por falta de orzamento», indica Cristina Cruz, concelleira do PSdeG-PSOE.

Problemas de conciliación en Ourense
Foto: PSdeG-PSOE

Sobre este tema, a concelleira socialista preguntou nas Xuntas de Área e aproveitou para solicitar información sobre os cursos prometidos polo alcalde para o inicio de 2024 para substituír á Universidade Popular. «Comezamos o 2024 e nada hai dese plan de formación innovador que prometera Jácome. E como escribiu Alexandre Dumas: o que non pode edificar o que fai é destruír».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.