O grupo do PSdG-PSOE no concello de Ourense indica que unha empresa non especializada marcará o futuro das Termas das Burgas.
O concello de Ourense asinou un contrato para o «estudo de viabilidade económica financieira para a xestión do complexo termal das Burgas».
Unha empresa non especializada marcará o futuro das Termas das Burgas
Segundo o grupo municipal socialista, este contrato é o paso previo para privatizar un recurso público. Tamén lembran desde o PSdeG-PSOE que a empresa contratada para este fin non posúe «coñecementos técnicos e profesionais precisos na materia».
O contrato, de 4.000 euros máis IVE, foi adxudicado á empresa Gallaecia Broadcast SL, especializada en servizos publicitarios. Con anterioridade, o goberno municipal xa contratou a esta empresa para elaborar informes sobre a compra de autobuses ou atención telefónica a persoas maiores da cidade.