Noticias

O PSdeG de Ourense formula varias cuestións sobre a senda peonil

O PSdeG-PSOE de Ourense formula varias cuestións sobre a senda peonil que a Xunta de Galicia está construíndo na cidade de Ourense.

Alba Iglesias, concelleira en Ourense, e Carmen Rodríguez, deputada autonómica, visitaron varias localizacións dos cinco quilómetros que ten a senda peonil.

O PSdeG de Ourense formula varias cuestións sobre a senda peonil

Durante a visita ás obras, Alba Iglesias e Carmen Rodríguez formularon varias preguntas sobre a execución das mesmas. «Temos que prantexar varias preguntas. En primeiro lugar, se esta obra correxirá os problemas de tráfico que se detectan na contorna da estación» indicou Carmen Rodríguez.

Non aproveitar para realizar obras de saneamento na Avenida das Caldas, o arranxo das beirarrúas da Ponte Romana ou a «tala indiscriminada» de árbores na contorna do Parque Antón Faílde son algunhas das preguntas lanzadas por Rodríguez.

O PSdeG de Ourense formula varias cuestións sobre a senda peonil

Alba Iglesias puxo o foco na gran utilización de formigón. «A priori non semella o material máis axeitado nin para nós nin para á veciñanza» indica a concelleira. Destaca Alba Iglesias que «ademais, en zonas especialmente naturais, como é a ribeira do Barbaña, pasa unha senda de cemento polo medio e medio».

Botón volver arriba