Noticias

A oficina de rehabilitación queda sen persoal

A oficina de rehabilitación do concello de Ourense queda sen persoal segundo recolle a nova Relación de Postos de Traballo.

O grupo municipal do BNG destaca que non se contempla ningún posto de traballo para esta oficina na modificación da RPT.

A oficina de rehabilitación queda sen persoal

«No organigrama non aparece nada relativo a Oficina de Rehabilitación, mesmo cando a propia Lei indica que esta deberá contar con todos os medios materias e persoais adecuados para poder desenvolver a súa actividade. Isto, lamentablemente, é a constatación do que nós víñamos avisando» indica Luís Seara, portavoz nacionalista.

Lembra Seara a importancia dunha oficina de rehabilitación que foi fundamental na recuperación do núcleo de Seixalbo, a captación de subvencións para a rehabilitación e adaptación de vivendas ou o programa ARIS.

A oficina de rehabilitación queda sen persoal
Luís Seara

Preguntan desde o BNG onde van ir os 800.000 euros que se ían destinar á rehabilitación dun edificio para acoller esta oficina de rehabilitación. Tamén cuestionan a decisión de solicitar a declaración da Área Rexurbe sabendo que non ía ter oficina de rehabilitación.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.