Noticias

Inauguran a Festa Medieval Irmandiña do Bolo

Inauguran a edición de 2024 da Festa Medieval Irmandiña que se celebra no concello do Bolo e que lembra o movemento social que protagonizaron os cidadáns no século XV.

Alberto Vázquez, alcalde do Bolo, Carlos Domínguez, pregoeiro desta edición, Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, e outras autoridades da comarca estiveron presentes no acto de inauguración.

Inauguran a Festa Medieval Irmandiña do Bolo

En palabras de Eladio Santos, esta festa serve para «poñer en valor o Castelo, museo e recursos turísticos e patrimoniais que ten o Concello do Bolo. Así como os seus produtos artesanais e de alimentación de proximidade, a través do mercado de artesanía e de produtos locais, sempre co obxectivo de promover un turismo sostible».

A programación da Festa Medieval Irmandiña inclúe numerosas actividades entre as que destacan as recreacións históricas, mercados medievais, música, danza ou desfiles.

Inauguran a Festa Medieval Irmandiña do Bolo
Foto: Subdelegación do Goberno

O financiamento deste evento forma parte do proxecto «Desenrola O Bolo» que financia o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. Unha das liñas deste proxecto ten como finalidade «desenrolar, mellorar e consolidar, baixo unha marca local, todos os recursos turísticos da zona» a través dunha Oficina de Turismo Sostible.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.