Noticias

O alcalde de Barbadás denuncia unha «aldraxe» por parte da Xunta

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, denuncia unha «aldraxe» por parte da Xunta de Galicia que ven de anunciar a construción dun instituto no concello de O Pereiro de Aguiar.

Lembra o rexedor de Barbadás que este concello é o único de toda Galicia con máis de 10.000 habitantes que non conta cun centro de ensino secundario.

O alcalde de Barbadás denuncia unha «aldraxe» por parte da Xunta

«Barbadás leva máis de 20 anos en crecemento demográfico continuado e máis de 15 anos demandando o instituto» lembra Valcárcel que denuncia unha «aldraxe» e un «claro favoritismo» da Xunta ó anunciar o proxecto do Pereiro.

Fai un mes, o grupo de goberno de Barbadás denunciaba a inactividade da Xunta de Galicia ó carón do espazo reservado para a construción do Instituto de Barbadás. Este proyecto, anunciado fai 15 anos, quedou parado «sine die«. «Non nos opoñemos á construción dun instituto en Pereiro pero pedimos coherencia e un trato xusto en base á demanda existente en Barbadás dada a nosa poboación estudantil», indicou Xosé Carlos Valcárcel.

O alcalde de Barbadás denuncia unha "aldraxe" por parte da Xunta
Foto: Concello de Barbadás

Para rematar, o alcalde de Barbadás sinala que con 700 mozos e mozas en idade de cursas estudos secundarios, «sufrimos unha inxusta e inexplicable discriminación educativa por parte do actual e anteriores gobernos galegos porque tamén somos o único concello de Galicia con máis de 10.000 habitantes (11.171 exactamente) que carece dun instituto».

Botón volver arriba