Noticias

As torres de COPASA condicionan o novo PXOM

As torres que COPASA proxecta construír á beira do Río Miño condicionan o novo PXOM que aínda non foi remitido á Xunta de Galicia.

Xosé Manuel Puga, concelleiro do BNG, preguntou na Xunta de Área de Urbanismo en que estado de tramitación estaba o novo PXOM.

As torres de COPASA condicionan o novo PXOM

Esta pregunta xurde do anuncio do Goberno Municipal “no que afirmaban que esa mesma semana sería remitido á Xunta de Galiza».

Un dos puntos máis relevantes do novo PXOM é o relativo ás torrres que a empresa COPASA quere construír á beira do Río Miño. «O Consello Consultivo foi moi claro á hora de validar as licenzas de construción de COPASA».

As torres de COPASA condicionan o novo PXOM
Xosé Manuel Puga. Foto: BNG

Ante esta situación, Puga indica que «compre saber se no borrador que se lle vaia remitir á Xunta figuran as torres, se pola contra existiu algún tipo de negociación previa coa empresa para evitar a súa construción e que medidas compensatorias se acordaron ou mesmo se o Concello, pola súa conta e risco, decidiu suprimilas, co grave prexuízo que iso pode ter en caso de reclamación, xa que poderiámonos atopar coa anulación do novo PXOM e co pagamento de indemnizacións millonarias».

O concelleiro do BNG destacou que a única información facilitada polo concelleiro de Urbanismo foi que «aínda non se remitira o PXOM á Xunta pero sen concretar os motivos pese a insistir reiteradamente en que dera explicacións».

Botón volver arriba