Catro días de actividades dan forma á programación do Samaín 2024 no concello de Barbadás onde non faltará o pasaxe do terror.
A veciñanza de Barbadás preparase para participar na nova celebración da festa do Samaín. Neste 2024, esta festa contará con catro días de actividades.
Programación do Samaín 2024 en Barbadás
Os días, 28, 29 e 30 de outurbo, o espazo infantil acollerá uns obradoiros de Decoración, Maquillaxe e Maxia Terrorífica. Estas actividades terán un horario de 16 a 20h e son para os socios e socias deste espazo infantil.
O 31 de outubro, numerosos establecementos da Valenzá participan no Truco ou Trato. Será a partir das 19h cando comece o pasaxe do terror no casco vello da Valenzá. «Alicia no país dos pesadelos» é o nome da ambientación terrorífica coa que gozarán ou tremerán de medo os participantes.
Ese mesmo día, MVT Galicia ofrecerá unha exhibición de baile infantil a partir das 20.30h.