Noticias

Moción socialista a prol das farmacias rurais

O próximo pleno da Deputación de Ourense contará cunha moción socialista a prol das farmacias rurais que atravesan unha situación delicada.

Esta moción pretende fomentar convenios para que os establecementos sociosanitarios merquen os seus medicamentos nas farmacias do seu propio concello.

Moción socialista a prol das farmacias rurais

A deputada socialista Marina Vaz indica que «a situación da farmacia rural é critica en moitos casos e, á luz da súa importancia e polo ben da provincia, precisamos artellar medidas que melloren as condicións destas, facéndoas viables e estables economicamente».

Segundo Marina Vaz, «temos constatado casos nos que establecementos como residencias de anciáns, realizan as súas compras de medicamentos fóra dos concellos onde desenvolven a súa labor, e mesmo fóra da provincia de Ourense».

Moción socialista a prol das farmacias rurais
Foto: PSdeG-PSOE

Por este motivo, desde o grupo socialista solicitan que «as compras de medicamentos destes establecementos se fagan dentro do propio concello». Deste xeito contribúese a garantir «a viabilidade de moitas farmacias do noso rural».

Botón volver arriba