Noticias

Podemos Ourense pide prescindir de animais na cabalgata de Reis

Podemos Ourense pide ó alcalde Pérez Jácome prescindir da utilización de animais na cabalgata de Reis e nos desfiles de Nadal.

A petición realizada desde Podemos Ourense pretende protexer a estes animais da exposición «a luces, ruídos, aglomeracións e desprazamentos en contornas alleas ás súas necesidades naturais».

Podemos Ourense pide prescindir de animais na cabalgata de Reis

No escrito remitido á alcaldía, Podemos Ourense lembra a Lei 32/2007 e a obriga de cumprir as súas esixencias. Esta lei indica as obrigas no coidado dos animais para garantir o seu benestar en feiras, exposicións e eventos públicos.

Podemos Ourense pide prescindir de animais na cabalgata de Reis

Tamén lembran nesta petición que no ano 2013 se aprobaba no Pleno Municipal declarar ó concello de Ourense como un concello libre de circos con animais. Francisco Diéguez, voceiro de Podemos Ourense indica que «non é aceptable que en pleno século XXI sigamos tratando aos animais como simples ferramentas de espectáculo».

Botón volver arriba