Noticias

O PSOE valora os avances nas axudas sociais de Ourense

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ourense valora positivamente os avances confirmados na Xunta de Área de Servizos Sociais en varias das reivindicacións que as edís socialistas veñen trasladando durante este mandato.

A voceira socialista, Natalia González, destaca especialmente o anuncio de que o Concello convocará proximamente o Consello Municipal de Servizos Sociais para elaborar unhas novas bases das axudas para libros, material escolar e comedor, que considera desactualizadas.

O PSOE valora os avances nas axudas sociais de Ourense

O PSOE lembra que na convocatoria deste curso máis do 78% das solicitudes para libros e material escolar quedaron fóra, con máis de 700 peticións e só 152 familias beneficiarias. Nas axudas de comedor, outras 77 solicitudes quedaron en lista de espera.

O PSOE valora os avances nas axudas sociais de Ourense

“Non queriamos outro parche, senón cambiar o modelo”, sinala González, que reclama que as novas bases se preparen con tempo e conten con recursos suficientes.

Sobre Xantar na Casa, o Goberno local confirmou que as 100 prazas dispoñibles están xa cubertas e que hai catro persoas en espera. Ante o incremento da demanda, o PSOE propón traballar para elevar a capacidade ata as 150 prazas en 2027.

As socialistas tamén abordaron as axudas de emerxencia social. A 9 de setembro quedaban 105.000 euros dispoñibles para atender 467 solicitudes pendentes. González asegura que o seu grupo apoiará a modificación orzamentaria necesaria para reforzar esta partida.

Finalmente, o PSOE valora o avance no novo regulamento do Fogar do Transeúnte, actualmente en fase de borrador. O obxectivo é pechar o texto co persoal e as traballadoras sociais. Posteriormente sometelo ás achegas dos grupos políticos, para que poida estar aprobado antes de finalizar 2026.

Botón volver arriba