Os escolares non terán este ano a tradicional loita de mecos no Entroido de Ourense segundo denuncian desde o PSdeG-PSOE.
«É unha mágoa que a Concellería de Educación non continúe cun sinal de identidade no que participaban ao redor de 300 nenos e nenas cada ano e que ía máis aló da propia actividade ao mergullarse a cativada nos costumes do noso entroido» indica a concelleira socialista Cristina Cruz.
Os escolares non terán a loita de mecos no Entroido de Ourense
Este evento era unha das primeiras actividades que se realizaba durante a celebración do Entroido na cidade de Ourense e contaba cunha importante participación. «Non comprendemos que o alcalde non a incluise na programación de entroido deste 2025 nin dese explicacións ao respecto».
