As e os edís do grupo municipal socialista do Concello de Ourense lamentan profundamente a actitude do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
Esta denuncia chega tras un comentario con connotacións racistas publicado nas súas redes sociais sobre as fichaxes do Real Madrid.
O PSdeG denuncia a actitude racista do alcalde de Ourense nas redes
A portavoz do PSdeG na administración local, Natalia González Benéitez, cualificou a reflexión do rexedor como «fóra de lugar e impropia da máxima autoridade da nosa cidade«. Asegura que dana a imaxe de Ourense e mostra «unha visión arcaica e retrógrada» que, segundo afirmou, «non representa en absoluto á veciñanza ourensá«.

Desde o grupo socialista esixen que Pérez Jácome rectifique, elimine de inmediato a publicación e pida desculpas públicas. González Benéitez denuncia que “non se pode permitir que o alcalde diga as burradas que di co único obxectivo de facerse viral, causando vergoña, estupor e odio cara aos e ás ourensás”.
A tamén secretaria xeral do partido en Ourense lembrou que Jácome leva seis anos ostentando un cargo institucional para o que, segundo afirmou, “non está á altura”, e culpou ao PP de manter ao alcalde no posto «a pesares de estar resultando letal para a nosa cidade, tal e como dixo Feijóo«.
