Eventos

O Pereiro celebra a Semana do Libro con música e letras

O Auditorio dos Gozos, no Pereiro de Aguiar, converterase a vindeira semana nun espazo de encontro coa cultura.

Dentro da programación da Semana do Libro, organizada polo Concello para fomentar a lectura entre veciñanza de todas as idades.

O Pereiro celebra a Semana do Libro con música e letras

O martes 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, celebrarase unha cita especialmente pensada para o público familiar. Ás 17:30 horas, o recoñecido músico e autor Magín Blanco presentará o espectáculo Caderno de cores e cancións, unha proposta chea de emocións, música e maxia pensada para pequenos e maiores. A actividade promete unha viaxe sensorial onde a lectura, a música e a imaxinación se mesturan nun ambiente lúdico e participativo.

O xoves 25 de abril, ás 19:00 horas, será a quenda para o público adulto cun encontro coa autora Mar Rey. A escritora presentará o seu libro Ordena tu tiempo. Optimiza el aprendizaje y mejora la lectura con una buena gestión temporal. Esta obra está pensada para quen busca mellorar os seus hábitos de estudo e lectura a través dunha mellor organización persoal.

O Pereiro celebra a Semana do Libro con música e letras
Semana do libro no Pereiro

A xornada pecharase cun concerto do grupo Loureiro, que porá o broche musical a unha semana que celebra a paixón polos libros e a cultura no corazón do Pereiro de Aguiar.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.