Noticias

Comezan as obras de humanización na Avenida de Portugal en Ourense

As obras de humanización da Avenida de Portugal en Ourense deron comezo hoxe co respaldo do Goberno de España, que achega fondos a través do Plan de Recuperación.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, participou esta mañá no acto de inicio das obras de humanización do primeiro tramo da Avenida de Portugal.

Comezan as obras de humanización na Avenida de Portugal en Ourense

Esta intervención ten financiamento do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible mediante o programa de axudas aos municipios para zonas de baixas emisións.

Durante a súa intervención, Santos salientou “o esforzo inversor” do Goberno central para facer de Ourense “unha cidade máis amable para as persoas”. A obra na Avenida de Portugal é unha das cinco actuacións que suman máis de 4,2 millóns de euros en investimentos estatais no municipio.

As achegas inclúen:

  • humanización da rúa Alejandro Pedrosa e da propia Avenida de Portugal (2,2 millóns de euros),
  • implantación dunha Zona de Baixas Emisións (ZBE) (738.867 euros),
  • construción dun aparcamento disuasorio no Parque Coto de Canedo (549.727 euros),
  • instalación de solucións de mobilidade vertical para salvar desniveis na cidade (426.302 euros) e
  • posta en marcha dun Sistema de Bicicleta Eléctrica Pública (279.286 euros).
Comezan as obras de humanización na Avenida de Portugal en Ourense
Foto: Subdelegación do Goberno

Eladio Santos subliñou que o Executivo central “ten claro que debe investir cando hai proxectos importantes para a mellora da mobilidade en Ourense”. O subdelegado puxo como exemplo a estación de tren, a chegada da alta velocidade, a mellora das comunicacións por estrada, e as actuacións no Museo Arqueolóxico e na estación de San Francisco.

Con todo, o subdelegado expresou o seu desacordo coa falta de investimentos por parte da Xunta de Galicia na cidade. «Boto en falta inversións reais da Xunta, transformadoras como as que está a facer o Goberno de España”, lembrou Santos.

Santos agradeceu ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a súa invitación ao acto, destacando que se trata dunha actuación cofinanciada, “algo que debería ser o habitual e que non ocorre coa Xunta, que agocha a procedencia dos fondos estatais e non convida aos seus representantes”. Rematou lamentando que o Executivo galego “descoñeza a lealdade institucional”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.