Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello de Ourense presentou este mércores unha nova e singular colección de plantas carnívoras e crasas no invernadoiro do Parque Botánico de Montealegre.
A iniciativa, impulsada pola sección de Parques e Xardíns do Concello, converte o espazo nun referente en Galicia, ao reunir unha mostra única na comunidade autónoma.
Ourense inaugura colección única de plantas carnívoras no Día do Medio Ambiente
A colección recolle exemplares procedentes de catro dos cinco continentes, achegando ao público unha diversidade botánica difícil de atopar noutros xardíns galegos.
O invernadoiro poderá visitarse de xeito gratuíto e ofrecerá visitas guiadas para escolares e público xeral, co obxectivo de dar a coñecer as características destas especies tan peculiares, capaces de adaptarse a entornos extremos e de nutrirse doutros seres vivos.
A nova colección reforza o papel do Parque Botánico de Montealegre como espazo de referencia en educación ambiental e conservación vegetal, ao tempo que celebra un compromiso activo da cidade de Ourense coa defensa do medio ambiente.
