Noticias

O BNG alerta do perigo dos recheos no Matadoiro

Desde a N-120, a parcela que antes ocupaba o Matadoiro Municipal, ao carón do cemiterio das Caldas, semella converterse nunha gran explanada.

Porén, o Grupo municipal do BNG alerta de que a realidade é moi distinta na parte posterior. Nesa zona, a acumulación de terra xera unha pendente que preocupa ás veciñas e veciños da zona.

O BNG alerta do perigo dos recheos no Matadoiro

O portavoz nacionalista, Luís Seara, explicou que “son moitas as persoas que nos trasladaron a súa inquietude polos recheos que se están realizando”, xa que consideran que “poden representar un risco evidente”.

O BNG alerta do perigo dos recheos no Matadoiro
Foto: BNG

A parte traseira da parcela dá acceso a puntos sensibles como o Parque de Bombeiros, o Campo da Feira, vivendas, instalacións municipais e mesmo a entrada á zona termal da Chavasqueira.

Segundo denuncia Seara, “a elevada pendente que se está creando podería derivar nun escorregamento masivo se se produce unha treboada ou chuvias intensas”. Estes escorregamentos poderían ter consecuencias graves para os servizos e vivendas próximas.

O BNG esixe ao Goberno Local que dea explicacións sobre os traballos que se están levando a cabo e sobre os motivos que os xustifican. Ademais, reclaman “a adopción inmediata das medidas de seguridade necesarias para evitar calquera incidente”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.