Noticias

O PSdeG de Ourense reclama compromiso cos dereitos humanos en Gaza

A secretaria de Acción Electoral do PSdeG de Ourense, María Fernández, participou no acto ‘Gaza: unha terra sen futuro’, organizado polas Xuventudes Socialistas.

Neste acto denunciouse a situación da poboación palestina e se apelou á solidariedade internacional

O PSdeG de Ourense reclama compromiso cos dereitos humanos en Gaza

A cidade de Ourense acolleu o acto ‘Gaza: unha terra sen futuro’, unha iniciativa impulsada polas Xuventudes Socialistas co obxectivo de reflexionar sobre a grave situación humanitaria que vive a poboación palestina desde outubro de 2023.

O PSdeG de Ourense reclama compromiso cos dereitos humanos en Gaza
Foto: PSdG de Ourense

Durante o acto interviñeron tamén Borja López, coordinador provincial das Xuventudes Socialistas de Ourense (XSO), así como Javier Alén e Brais González, ambos graduados en Historia, que achegaron unha análise do conflito desde unha perspectiva histórica e política.

Os relatorios puxeron o foco na responsabilidade da comunidade internacional ante a situación que se vive en Gaza desde hai case dous anos e reclamaron o mantemento dunha solidariedade activa coas vítimas dun conflito que continúa a provocar sufrimento e destrución.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.