Desde este mércores, os vehículos que circulan pola Avenida de Santiago veranse afectados pola nova programación semafórica na intersección con Basilio Álvarez.
A principal novidade afecta os condutores que se desprazan pola Avenida de Santiago en dirección á Avenida das Caldas e a Basilio Álvarez.
Nova fase semafórica na intersección de Caldas e Basilio Álvarez
A Policía Local do Concello de Ourense informou dunha modificación no ciclo semafórico da intersección entre a Avenida de Santiago, a Avenida das Caldas e a rúa Basilio Álvarez, que entrou en vigor o mércores 26 de xuño, con motivo das obras de remodelación da Avenida das Caldas.

A partir de agora, compartirán unha fase semafórica en verde durante un tempo, tal e como se viña facendo ata o momento. A continuación, activarase unha segunda fase na que se prohibirá o xiro á esquerda cara á Avenida das Caldas (coa luz vermella), mentres se manterá o paso permitido en dirección á rúa Basilio Álvarez (luz verde).
Tamén se informa de que o carril bici desta zona quedará sincronizado co semáforo peonil, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas usuarias.
A Policía Local pide precaución e que se respecte o novo ciclo semafórico, especialmente ao circular pola Avenida de Santiago, para evitar confusións e posibles incidentes.